Escoitar

Vigo acolle o Mundial de Pesca Submariña, que celébrase por primeira vez en Galicia

O alcalde eloxiou a elección da ría viguesa para a celebración deste evento bianual, nunca celebrado en Galicia e por última vez en España en 1996. Terá lugar do 5 ao 8 de xullo coa participación de deportistas de máis de 20 países. Hoxe mércores presentouse a cita con Abel Caballero e o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete.

mércores, 27 xuñ 2012
1340798030pescasbmarina.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, o secretario xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, José Ramón Lete, o concelleiro de Deportes, Manel Fernández, e distintos responsables da Federación Galega presentaron este mércores o Campionato Mundial de Pesca Submariña, que acollerá a ría de Vigo do 5 ao 8 de xullo, coa presenza de de 60 deportistas de máis de 20 países.

Abel Caballero manifestouse "encantado" de que Vigo sexa a sede deste campionato que nunca recalou en Galicia e España o acolleu por última vez en 1996, en Xixón. O alcalde agradeceu á Federación galega o seu "traballo" para conseguilo e adiantou o súa "vontade de seguir cooperando na realización de deporte na ría e na cidade".

Segundo explicaron na rolda de prensa, o total de persoas estarán en Vigo por este motivo rondarán as 250, cuns 95 barcos en competición e unha estancia media total de entre 20 e 30 días na cidade. A primeira zona de pesca vai desde Monteferro a Cabo Silleiro e a segunda, de Barra á entrada á ría de Pontevedra, cunha zona de reserva entre Samil e Monteferro, en caso de mal tempo.

Galicia é "potencia" en pesca deportiva submarina e a Federación suma unhas 6000 licenzas concedidas, a maior de España cunha diferencia superior ás 4500 coa segunda. A organización apuntou á delegación española como favorita a alzarse co título e destacou tamén aos deportistas de Portugal, Italia ou Croacia.
Descargar todas as imaxes