Escoitar
Anuncio

CONVOCATORIA PARA O ANO 2012 DO "PROGRAMA DE AXUDAS MUNICIPAIS Á CONTRATACIÓN"<br />

A Xunta de Goberno Local, na súa sesión de data 08/06/2012, a proposta da Concellería de Emprego, Participación Cidadá e Voluntariado, aprobou as bases reguladoras e a convocatoria do ano 2012 do "PROGRAMA DE AXUDAS MUNICIPAIS Á CONTRATACIÓN", no ámbito dos programas de apoio á inserción laboral, as cales foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra no BOP núm. 121 de 26 de xuño de 2012.

venres, 29 xuñ 2012
OBXECTO:
Poderán acollerse a estas axudas empresas e entidades distintas da administración pública, que contraten "Persoas desempregadas empradoadas no municipio de Vigo para prestar servizos no mesmo, a tempo completo ou parcial, en calquera das modalidades contractuais vixentes, agás o contrato en prácticas, cunha duración mínima de 3 meses; incrementándose a cuantía da axuda ao pertencer ao colectivo de mulleres, persoas con discapacidade, parados de longa duración, persoas menores de 30 anos ou maiores de 45 anos, persoa vítima de violencia doméstica, primeiro empregado/a da empresa e/ou participantes dalgún dos programas da concellería." As subvencións establecidas nesta convocatoria poderán afectar ás contratacións que, reunindo os requisitos establecidos nas bases reguladoras, se formalizasen no período comprendido entre o 16 de setembro de 2011 e o 31 de abril de 2012.

PRAZOS E LUGAR DE PRESENTACIÓN:
O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días hábiles dende o día seguinte a data de publicación no BOP.

As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Vigo, dirixidas á Concellería de Emprego, Participación Cidadá e Voluntariado, ao "Programa de axudas municipais á contratación".

INFORMACIÓN:
Concellería de Emprego, Participación Cidadá e Voluntariado.
Praza do Rei, 1 – 4ª planta.
Tfno.: 986 810 232 / 986 810 234
Tanto as bases reguladoras das axudas como os anexos a presentar a persoa solicitante, estarán á súa disposición nas dependencias de Información do Concello de Vigo, na Concellería de Emprego, Participación Cidadá e Voluntariado e na súa páxina web: www.vigo.org.