Escoitar

O Concello inicia a ordenación dunha área industrial e comercial na Avenida de Madrid

O alcalde de Vigo avanzou hoxe venres que a área de Raviso, na Avenida de Madrid, se convertirá nunha área industrial e comercial, un proxecto que estará rematado para aprobación inicial antes de que remate o ano.

venres, 25 mai 2012
A Xerencia de Urbanismo deu luz verde esta mañá ao procedemento para a ordenación dun área industrial e comercial en Raviso, sobre a Avenida de Madrid, coa previsión de que estea preparado para a aprobación inicial antes de que remate o ano. Segundo explicou en rolda de prensa, a edificabilidade total é de 150.000 metros cadrados, cun 60% de uso industrial e o 40 restante, comercial. Trátase dunha iniciativa pública, tal e como exise o PXOM e dentro do prazo establecido no mesmo.

Tal e como detallou o rexedor, o eixo urbán da Avenidada de Madrid restructurarase para acadar unha marxe urbana nítida e que a sección transversal sexa unitaria. Humanizarase con amplas beirarrúas arboladas, carril-bici e áreas de paseo. To tocante ao tráfico, porase en marcha un vial paralelo á Avenida de Madrid para canalizar os tráficos transversais.

Os membros da Xerencia de Urbanismo aprobaron tamén a escritura da constitución da Xunta de Compensación da unidade de actuación Vía Norte, á que terán que adherirse os propietarios en menos dun mes. A continuación, terán que redactar o proxecto de compensación e presentar o proxecto de urbanización. "Nese momento, este ámbito privado estará en condicións de comenzar a edificación, explicou o rexedor. Nas súas verbas, esta actuación de Vía Norte un área "importante porque é complementaria ao ámbito da estación do AVE".

Por outra banda, concedéronse 33 licenzas de obra e 5 de actividades, cun investimento de 422.453 euros.

Subvencións
A Xunta Local de Goberno aprobou esta mañá as bases reguladoras polas que a Concellería de Igualdade organizará programas de muller para o ano 2012. Cun orzamento de 73.000 euros, atenderánse temas de loita contra a violencia de xénero, coeducación, saúde feminina e participación social.

Tamén recibiu luz verde a convocatoria para a concesión de subvencións a asociacións e entidades sen ánimo de lucro para a realización de actividades no ámbito social en 2012, cun orzamento de 50.000 euros.

Segundo explicou o rexedor en rolda de prensa, outros dos acordos tomados esta mañá pasa por recepcionar o mantemento e conservación do parque infantil ubicado no Centro Comercial Coia VI, cun custo anual de 1.260 euros. Esta obra foio executada durante a rehabilitación das prazas do Centro Comercial Coia IV.