O Concello instalará no auditorio de Castrelos unha pantalla xigante para seguir o Celta-Nástic
Abel Caballero avanzou este venres que o goberno local ampliará ata 15 os autocares que sufragará para desprazar aos afeccionados ata Tarragona o domingo, onde o club vigués pode materializar o seu ascenso á Primeira División. En Vigo, o alcalde confirmou a instalación dunha pantalla no auditorio do parque de Castrelos, onde agárdase unha "gran afluencia" de público.
![1337964854escudocelta.jpg 1337964854escudocelta.jpg](https://xornal.vigo.org/storage/xornal-historico/medi/xornal/noticias/imx/opt/1337964854escudocelta.jpg)