Xunta de Goberno Local
ASUNTOS PARA INCLUIR NA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO 25 DE MAIO DE 2012.
1.- Acta da sesión ordinaria do 18 de maio de 2012.
BENESTAR SOCIAL
2.- Normas de funcionamento interno do albergue municipal sito na rúa Marques de Valterra nº 6. Expte. 73183/301.
3.- Convocatoria específica para a concesión de subvencións a asociacións e entidades sen ánimo de lucro para a realización de actividades da área dos servizos sociais para o exercicio 2012. Expte. 72786/301.
CONTRATACIÓN
4.- Devolución de garantías:
a) Ednon S.L. Expte. 4049/241
b) Suso Fernández-Diconsa S.L. Expte. 4095/241.
c) Fremap. Expte. 4101/241.
d) Reflexión Arts S.L. Expte. 4064/241.
e) Imes Api, S.A. Expte. 4108/241.
f) Acelec S.L. Expte. 4005/241.
g) Suso Fernández S.L. Expte. 4094/241
h) Eiriña S.L. Expte. 4093/241.
5.- Prórroga do contrato para a execución dos servizos de Axuda no Fogar (SAD) entre o 1.06.2012 e o 31.05.2013. Expte. 38732/301.
DEPORTES
6.- Autorizar á Agrupación de Atletismo Escolar Xóvenes Atletas a organizar o vindeiro domingo 3.06.2012, o Cross Escolar Beade e arredores. Expte. 11232/333.
7.- Autorizar á Agrupación Deportiva Montecastelo a organizar o vindeiro 26.05. 2012, a Carreira popular Colexio Montecastelo nas inmediacións do parque comercial da Gandariña. Expte. 11230/333.
8.- Autorizar á AA.VV de Navia a organizar o vindeiro 27.05.2012, o evento denominado VII Marcha Ciclista a Navia. Expte. 11231/333.
9.- Autorizar á Escudería Rias Baixas, a organizar os vindeiros 1 e 2.06.2012 a 48ª edición Rallye Rias Baixas-Vodafone Ciudad de Vigo. Expte. 11214/333.
EDUCACIÓN
10.- Baixa como beneficiario da bolsa "Alcaldía de Vigo" a Manuel Hermo Verísimo e ao reintegro do importe adiantado. Expte. 13979/332.
11.- Autorizar o gasto para a contratación do Programa municipal de educación básica de persoas adultas. Expte. 13263/332.
EMPREGO
12.- Promover ante a Consellería de Traballo e Benestar, a cualificación como Iniciativa Local de Emprego do proxecto empresarial denominado "Sal Galicia, S.L.". Expte. 8858/77.
FOMENTO
13.- Redacción dun proxecto "Modificado nº 1" Custe Cero da obra de Humanización da Rúa Pintor Colmeiro (Rúa Tarragona-Alvaro Cunqueiro). Expte. 2142/443.
14.- Redacción dun proxecto "Modificado nº 2" "Construción de urbanización da rúa Severino Cobas. Fase I (rúa Bagunda-Trv. Sta. Cristina), con importe adicional. Expte. 2145/443.
15.- Redacción dun proxecto "Modificado nº 2", Construción de urbanización da rúa Severino Cobas. Fase II (Trv. de Sta. Cristina-Baixada a Capitán), sen importe adicional. Expte. 2144/443.
16.- Redacción dun proxecto "Modificado nº 2" da obra Construción de urbanización da rúa Severino Cobas. Fase III (Baixada a Capitán ata nº 186) sen importe adicional. Expte. 2143/443.
17.- Redacción do proxecto "Modificado nº 1" do de Humanización da Rúa Aragón, Fase II, sen custe adicional. Expte. 2147/443.
MOBILIDADE, SEGURIDADE E TRANSPORTES
18.- Modificación tarifas dos aparcadoiros soterrados sitos na rúa Urzaiz e na Praza da Independencia de Vigo para o restablecemento do equilibrio económico-financeiro das concesións administrativas das que resulta titular a "UTE Eloymar y Tranvias Eléctricos de Vigo". Expte. 81270/210.
POLICIA LOCAL
19.- Adxudicar á Policía Local, para a vixilancia e control do tráfico da cidade un vehículo que se atopa no deposito de vehículos da Avda. de Madrid, en substitución da súa entrega ao centro autorizado para a súa destrución. Expte. 82536/210.
RECURSOS HUMANOS
20.- Corrección de erro no acordo da XGL de data 23.03.2012, sobre gratificación por servizos especiais e extraordinarios do persoal municipal que traballou os dias 24 e 31 de decembro 2011 (D. Roberto Moledo Alonso). Expte. 23109/220.
21.- Reclamación de axudas estudos correspondentes ao curso 2011-2012, con cargo ao Fondo de Acción Social. Expte. 23088/220.
22.- Rectificación acordo da Xunta Goberno Local de data 01/05/2012 de Gastos de Locomoción do persoal municipal. Expte. 23091/220.
23.- Execución Títulos Xudiciais 207/2011 do Xulgado do Social Nº 3 de Vigo, no procedemento 682/2010, en concepto de cantidades (D. Luis Alberto Riobó Veiga e Dª Iria Álavarez Outeiro). Expte. 23080/220.
24.- Liquidación de intereses na execución 254/2011 correspondente ao procedemento 274/2007 (Dª Pilar Pita Balteiro e D. Carlos Sahuquillo Franco). Expte. 23096/220.
25.- Axudas especiais Maio 2012 con cargo ao Fondo de Acción Social. Expte. 23092/220.
26.- Dar conta de resolución do Sr. Concelleiro-Delegado da Area de Xestión Municipal de data 07/05/2012, de autorización de permiso retribuído a D. Jose Luis Loroño Rúa. Expte. 23063/220.
27.- Nomeamento interino de tres diplomadas en traballo social por acumulación de tarefas por un período máximo de 6 meses. Expte. 23082/220.
28.- Rogos e preguntas.
DECRETO DE CONVOCATORIA
Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes ós expedientes para a súa inclusión na orde do día, convoco á Xunta de Goberno Local para realizar sesión ordinaria na súa Sala o día 25 de maio de 2012, ás 9,00 h. en primeira convocatoria e, de non existir quórum, unha hora despois (10,00 h.) en segunda convocatoria, para resolver os asuntos da devandita relación.
Notifíquese ós Sres. e Sras. membros da Xunta de Goberno Local; á titular da Asesoría Xurídica, ao interventor xeral, á titular do Órgano de Apoio á Xunta de Goberno Local e ós demais membros do grupo político municipal do PSdG-PSOE . Fágase público no taboleiro da Casa do Concello para ós efectos de información.
Vigo, 23 de maio de 2012.
O ALCALDE, Abel Caballero Álvarez
A CONCELLEIRA SECRETARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL,Dª. Mª Jesús Lago Rey.