Escoitar

O alcalde presenta o Rally Rías Baixas-Ciudad de Vigo que inclúe un circuito urbano polo Castro<br />

A Concello de Vigo aposta por implicar á cidadanía no rally Cidade de Vigo polo que por primeira vez incluirá un tramo urbano nun circuito no monte do Castro. A proba, puntuable para o campionato de España, percorrerá á cidade os próximos 1 e 2 de xuño. <br />

venres, 25 mai 2012
1337962325RALLY.jpg
Abel Caballero presentou hoxe venres o rally Rias Baixas-Ciudad de Vigo, que este ano inclúe por primeira vez un tramo urbano de 2,2 kilómetros nun circuito no monte do Castro. A proba, puntuable ao campionato de España da especialidade co máximo coeficiente, desenvolverase en Vigo os próximos 1 e 2 de xuño.

A edición pasada logrou a máxima puntuación outorgada pola Federación Española de Automovilismo na especialidade e move gran afluencia de público do territorio nacional e estranxeiro, cun seguimento a pé de rúa de 60.000 persoas. En Galicia hai tres probas que puntúan para o campionato de España de rallys: Rías Baixas, Ourense e Ferrol. O primeiro deles, con base na cidade de Vigo eque percorre toda a comarca, promociona Galicia en toda España e noutros países como Portugal o Francia.

O rally Rías Baixas percorrerá as seguintes rúas: Hispanidad, Camelias, Marqués de Alcedo, Paseo dos Cedros, Paseo Rosalía de Castro, Manuel Olivié, Paseo Xosé Mª Álvarez Blázquez, camiño Atalaia, rúa Príncipe e Porta do Sol, punto no que remata a proba.
Descargar todas as imaxes