O Concello apoia o proxecto solidario da Policía Local "Discamino 2012" <br />
O concelleiro de Mobilidade, Transporte e Seguridade, Carlos Font, presentou o apoio económico e institucional ao proxecto solidario da Policía Local "Discamino 2012" na Asociación de Veciños de O Calvario. Trátase dunha iniciativa solidaria para axudar a que persoas discapacitadas poidan vivir experiencias para as que precisan apoios.<br />
A Policía Local de Vigo ten o apoio institucional do Concello para seguir adiante con "Discamino 2012", un proxecto solidario que, por exemplo, permitiu a Gerardo, un vigués cego e xordo, completar o Camiño de Santiago entre Roncesvalles e a Praza do Obradoiro coa axuda do inspector Francisco Javier Pitillas no ano 2009.
O concelleiro de Mobilidade, Transporte e Seguridade, Carlos López Font, amosou o compromiso do Goberno local con este proxecto, que xa logrou o seu primeiro obxectivo: conseguir finanzamento municipal para adquirir un vehículo especial chamado Duet co obxectivo de ampliar as opcións de ocio e rehabilitación dos mozos da asociación viguesa de padres de persoas con parálise cerebral APAMP. O acto tivo lugar o pasado xoves, 24 de maio, na asociación de veciños de O Calvario con motivo da sesión de Educación Vial que a Policía Local está a levar a cabo en distintos colectivos sociais.
Descargar todas as imaxes