Urbanismo da luz verde á rehabilitación de 62 vivendas nas zonas históricas de Vigo
Abel Caballero avanzou esta mañá que a Xerencia de Urbanismo adxudicou axudas para a rehabilitación de 62 vivendas nas zonas históricas de Vigo -52 no Casco Vello e 10 en Bouzas, o que supón unha aportación municipal de 372.448 euros.
A Xerencia de Urbanismo deu luz verde hoxe venres á aprobación provisional de 29 expedientes de axudas para a rehabilitación no Casco Vello por importe de 311.779 euros para obras en 52 vivendas en 16 edificios. Segundo explicou o rexedor, estas axudas supoñen o 38,2% do investimento a realizar polos privados, que acada os 816.000 euros. Ademais, tamén se aprobaron 9 expedientes de axudas á rehabilitación no ámbito do barrio Histórico de Bouzas, por importe de 60.669 euros, para 10 vivendas en tres edificios que "van cubrir o 46% do investimento total a facer polos propietarios por importe de 131.665 euros". En total, adxudícanse axudas para 62 vivendas o que supón "un salto cualitativo na rehabilitación en zonas históricas de Vigo".
Tamén se referiu o alcalde de Vigo ás licenzas outorgadas na reunión de urbanismo desta mañá, na que se deu conta da concesión de 26 licenza de obras e 6 de actividade para un investimento de 1.876.557 euros. Durante a súa comparecencia tamén destacou Pódese a concesión de licenza de obras ao Consorcio do Casco Vello para a rehabilitación de dous inmobles na rúa San Sebastián e na Subida ao Castelo que, permitirá obter un edificio de baixo e dúas plantas para dous locais comerciais e 10 vivendas cun presuposto superior ó millón de euros.
Encoros
Abel Caballero avanzou esta mañá a "boa nova" de que os encoros están ao 100% tras as choivas dos últimos días. Non obstante, insistiu na necesidade de "sentarnos coa Xunta" para que, no exercicio das súas competencias, presenten un proxecto que garanta o abastecemento da cidade en épocas de seca.