Escoitar

O rexedor continúa co comité de empresa do Concello os seus contactos sobre a lei de Área Metropolitana

Despois de celebrar sendas reunións con distintos colectivos, Abel Caballero entrevistouse hoxe venres con todos os sindicatos representados no Comité de Empresa do Concello de Vigo, para falar da lei de Área Metropolitana aprobada recentemente pola Xunta. O alcalde amosou a súa "preocupación" pola aplicación dunha norma que tamén pode afectar aos funcionarios municipais.

venres, 20 abr 2012
1334923247comite.jpg
Segundo explicou o alcalde, a lei aprobada polo goberno de Núñez Feijóo prevé a cesión de competencias e financiamento dos concellos á futura entidade e unha nova oferta de emprego público, co que os traballadores do Concello poderían ver mermada a súa carga de traballo. A proposta municipal pasaba por transferir competencias e persoal, para que non conlevase novos custos económicos para a cidadanía.

Abel Caballero insistíu en que esta lei de Área Metropolitana é negativa para os intereses de Vigo e da comarca e pretende que Vigo sexa gobernada "desde fóra" de Vigo, ao ter o mesmo pesa a cidade olívica que calquera dos outros 13 municipios no goberno.
Descargar todas as imaxes