Escoitar

Últimos días para visitar a exposición de pepebeas na Fundación Laxeiro<br />

A exposición "No me escribas, tampoco verte" do artista arxentino afincado en Castellón pepebeas, pode visitarse ata o 5 de febreiro na Fundación Laxeiro. Trátase dunha proposta que combina a fotografía e a videoescultura para falarnos de problemas como o desarraigo e a distancia dos seres queridos que padece o colectivo emigrante en todo o mundo.

luns, 30 xan 2012
1327928235pepebeas1.jpg
Esta exposición enmárcase dentro do proxecto titulado Entre mares que levan a cabo a Fundación Laxeiro en Vigo e Collblanc, espai d’art en Castellón, co obxecto de favorecer a mobilidade de artistas plásticos que traballan nos ámbitos atlántico e mediterráneo. Nesta primeira edición, o proxecto contou cunha exposición individual da que fora Bolsa Fundación Laxeiro á creación artística 2006, Mar Vicente (Valadouro, Lugo, 1979) titulada Azul y verde sobre rojo en Collblanc nos meses de xullo e agosto de 2011 e completouse coa exposición No me escribas, tampoco verte de pepebeas na Fundación Laxeiro.

pepebeas (Córdoba, Argentina, 1955), elixiu un proxecto multidisciplinar para o seu debut en Galicia, como é a exposición que se pode ver ata o día 5 de febreiro na Fundación Laxeiro. Unha proposta que combina a fotografía e a videoescultura para falarnos de problemas como o desarraigo e a distancia dos seres queridos que padece o colectivo emigrante en todo o mundo.

Fillo de emigrantes valencianos en Arxentina, este artista viviu en propia carne esa sensación de desarraigo, de non pertenecer a un lugar concreto, primeiro, durante a súa infancia como fillo de emigrantes españois e logo, na súa adolescencia, como fillo de emigrantes retornados, en España.

Esta situación queda plasmada na exposición cuxo título fala da necesidade do contacto físico cos seres queridos e da falla de eficacia da correspondencia postal ou as canles telemáticas para sustituir ese contacto físico real.

De natureza fatalista, pepebeas fala na súa obra da imposibilidade de salirnos de certos fitos comúns a todo ser humano que funcionan como un destino inevitable que el define como realidade serial, seguindo o pensamento do filósofo francés Henri Bergson (1849-1941). Unha serialidade que unifica a biografía de calquera ser humano.

Precursor nos anos oitenta do videoarte en España, pepebeas preocúpase pola utilización da lenguaxe audiovisual máis alá das convencións narrativas do video, o cinema e a televisión, investigando no campo da videoescultura e a videoinstalación nos que a imaxe en movemento adquire outras connotacións, máis cercanas á pintura, a escultura e a instalación, afastándose dos parámetros do cinema convencional no que a narratividade define a súa razón de ser.

Con preto de 4.000 visitas, No me escribas, tampoco verte, é a primeira exposición de pepebeas en Galicia e con ela, segundo as súas propias palabras, puido experimentar a súa condición de emigrante nunha comunidade (a galega) na que o fenómeno da emigración ten sido durante todo o século XX unha circunstancia que marcou a historia e o carácter da nosa comunidade autónoma.

O procecto Entre mares terá a súa segunda edición en 2012 cunha exposición do artista galego Din Matamoro (Vigo, 1958) en Collblanc e a exposición titulada Días futuros do artista cántabro afincado en Castellón Eduardo Alonso (Santander, 1972).
1327928235pepebeas1.jpg
1327928246pepebeas2.jpg
Descargar todas as imaxes