O alcalde recabou a disposición do Goberno de España de seguir colaborando con Vigo
Abel Caballero entrevistouse con Manuel Chaves e con José Blanco esta mañá en Madrid. No encontro pasaron revisión ao estado dos proxectos estatais na cidade, a rede ferroviaria e aeroportuaria, a biblioteca e o Plan E. Caballero, Chaves e Blanco coincidiron en diagnosticar o magnífico estado da cidade e a boa saúde dos seus proxectos estratéxicos de futuro
Abel Caballero viaxou esta mañá a Madrid para entrevistarse con Manuel Chaves e con José Blanco, de quenes recabou a disposición do goberno central de seguir colaborando coa cidade de Vigo.
Abel Caballero, Manuel Chaves e José Blanco repasaron polo miúdo o estado dos proxectos que ten en marcha o Goberno de España en Vigo, en particular as iniciativas para mellorar as infraestruturas ferroviarias e aeroportuarias, a Biblioteca do Estado e o grao de execución do Plan E -do que Vigo percibiu 52,2 millóns de euros en 2009- e do novo Fondo Estatal para o Emprego e a Sostibilidade Local -do que a Vigo lle corresponden 32 millóns neste ano 2010-.
No encontro, coincidiron en afirmar que os proxectos estatais estratéxicos da cidade gozan dunha boa saúde e subliñaron o proxecto de cidade vigués, do que tanto Chaves como Blanco son coñecedores.