Vigo acolle esta semana os actos culturais de celebración do día da ONCE en Galicia
Xulio Calviño, en representación municipal, e a Presidenta da ONCE en Galicia, Dolores Venancio, presentaron hoxe luns a programación da semana cultural previa á celebración en Vigo o vindeiro sábado 13 de xuño do Día da ONCE en Galicia. Actividades teatrais e musicais celebranse de balde ao longo desta semana e culminan o sábado no IFEVI, co presenza agardada de 600-800 afiliados de toda Galicia.
O concelleiro de Mobilidade, Transporte e Seguridade, Xulio Calviño, e a Presidenta da ONCE en Galicia, Dolores Venancio, presentaron este luns acompañados por outros cargos da entidade as actividades da mesma en Vigo por mor do XVI Día da ONCE en Galicia, que se celebrará no IFEVI o vindeiro sábado 13 de xuño.
A vinculación de Vigo e a cidadanía viguesa coa ONCE foi o motivo principal para a elección da cidade olívica como lugar de celebración do Día, segundo afirmou Dolores Venancio, quen indicou asemade que programouse unha semana cultural previa gratuita con actividades de teatro e musicais co obxectivo de "facer chegar á sociedade" o labor da entidade.
A semana cultural da comezo mañá martes ás 20:30 horas no Salón de Actos da ONCE coa representación teatral de "Os cravos de prata" por parte do Grupo Múxicas; o mércores será o turno do jazz de Bric a Braz; e o xoves volve o teatro no mesmo lugar á mesma hora co grupo Valacar e a obra "Enderezo Descoñecido".
As actividades culturais previas rematan o vindeiro venres, 12 de xuño, no Auditorio do Centro Cultural Caixanova ás 20 horas, con Concerto da Coral Polifónica "Cidade de Vigo", que recentemente celebrou o seu 50 Aniversario.
O Día da ONCE en Galicia celebrarase en Vigo o vindeiro sábado, 13 de xuño, nas instalacións do IFEVI desde as 14 horas; unha festa anual que reunirá entre 600 e 800 afiliados e traballadores procedentes de toda Galicia. No acto participarán outras entidades de discapacitados de Vigo e do entorno e que contará coa presenza do alcalde e do Director Xeral da ONCE en España, entre outras autoridades.
Tanto Xulio Calviño, en representación do Concello de Vigo, como Dolores Venancio, presidenta da entidade en Galicia, agradeceron aos vigueses a súa solidariedade coa ONCE e animaron á cidadanía a participar nas actividades gratuitas previas. A ONCE conta en Vigo cuns 800 afiliados e preto de 200 vendedores en total.
Descargar todas as imaxes