Escoitar

Máscara Producións estrena a obra "Por diante e por detrás" este sábado en Beade da man do "Vigo a escena"<br /> <br />

No marco da programación teatral "Vigo a escena", que organiza a Concellería de Cultura para o primeiro semestre do 2009, a compañía Máscara Producións estrenará a obra "Por diante... e por detrás" en Beade este sábado, 6 de xuño ás 21 horas. A obra programada para o domingo, 7 de xuño, de Lambriaca Producións trasládase ao 14 de xuño.

venres, 5 xuñ 2009
Baixo a dirección de Xerome Calero, Máscara Producións estrenará este sábado no AVCD-CSCR de Beade ás 21 horas a obra "Por diante... e por detrás". Trátase dunha ollada ao mundo do teatro en clave de humor, presentándoo como a vida mesma interpretada polo propio Xerome Calero, Marco A. Álvarez, María Álvarez Lagarón, Verónica Codesido, Beatriz Míguez, Pablo Puga, Diana Torrado e Isaura Vilas.