Inscrición do XV Festival Folclórico Internacional
<br />
Conforme o convenio de colaboración asinado polo Concello de Vigo coa Asociación Cultural Interfolc, ábrese o prazo de admisión para
solicitudes de actuacións de agrupacións folclóricas do "XV Festival Folclórico Internacional", que vai ter lugar entre os días 5 e 10 de agosto de 2009 conforme o seguinte programa:
*do 5 ao 10 de agosto, ás 21:30 horas: actuacións en barrios e
parroquias da cidade;
*7 de agosto, ás 22:30 horas: Acto Central na Praza de
Compostela;
*9 de agosto, ás 12:00 horas: Acto de Clausura na Praza de
Compostela.
Por este motivo, comunícaselles a todas as persoas interesadas que as solicitudes de inscrición están á súa disposición na oficina de
Información do Concello e que o prazo de presentación será dende o 8 ata o 19 de xuño, ambos inclusive. Lémbrase que, conforme as bases aprobadas pola Xunta de Goberno local de data 1 de xuño, o número máximo de participantes limítase a cinco, tendo como criterios de selección a orde de presentación de solicitudes na oficina do Rexistro Xeral e unha orde de preferencia que favoreza aquelas entidades que non teñan recibido actuacións en edicións anteriores deste festival.