Escoitar

A Orquestra A Tempo de Pontevedra abre o programa Imaxina na Rúa

Imaxina na Rúa comeza este sábado 6 de xuño para ir quentando motores de cara o Festival de Jazz de Vigo "Imaxina Sons" coa actuación da Orquestra A Tempo de Pontevedra. O obxectivo de Imaxina na Rúa é levar a música ao espazo público da man de formacións integradas na maioría dos casos por novos artistas. "A Tempo", dirixida por Miguel Angel Rodríguez, e integrada tamén por afeccionados con idades entre os 13 e 55 anos, actuará en diferentes recantos da cidade o 6 de xuño tocando standards de jazz e blues.

venres, 5 xuñ 2009
1244205023escolaatempo.jpg
Aínda que inicialmente estaba prevista a actuación ao aire libre, atendendo as previsións metereolóxicas, estes son os horarios e lugares dos pases da Orquestra A Tempo:

Sábado 6 de xuño
11:30 Centro Comercial Travesía
13:30 Centro Comercial Camelias
17:30 Centro Comercial Gran Vía
19:30 Centro Comercial A Laxe
Descargar todas as imaxes