Escoitar
Animación Sociocultural

Convocatoria de subvencións para o fomento de actividades socioculturais 2009

Tras a publicación o 4 de xuño de 2009 no boletín oficial da provincia da convocatoria de subvencións para o fomento de actividades socioculturais (aprobadas pola Xunta de Goberno local o 18 de maio),ábrese o prazo para a presentación de solicitudes de subvencións para o fomento de actividades socioculturais para o ano 2009.

luns, 8 xuñ 2009
As persoas interesadas en concorrer a esta convocatoria presentarán as solicitudes no Rexistro xeral do Concello, ben directamente ou por calquera das formas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O prazo de presentación de solicitudes estabelécese en vinte días naturais a contar desde a publicación da convocatoria no BOP: do 5 ata o 24 de xuño de 2009, ambos incluídos.

Toda a información relativa á convocatoria, bases, modelos de solicitude e formularios está dispoñíbel nos servizos de información do Concello de Vigo, na páxina web (www.vigo.org) e no servizo de Animación sociocultural.