A Casa da Xuventude acolle a mostra de fotografía e pintura "Catro historias" dende hoxe e ata o 19 de xuño
No marco da programación da Casa da Xuventude para o primeiro semestre do 2009, este servizo municipal acolle dende hoxe e ata o 19 de xuño a mostra de pintura e fotografía "Catro historias". A exposición, que mostra as obras de catro artistas que remataron os estudos de Belas Artes, pode visitarse nas instalacións de López Mora de luns a venres en horario de 9 a 14 horas e de 17 a 20 horas.
"Catro historias" reúne temáticas diversas para mostrar os diferentes proxectos de catro mozas que conclúen os seus estudos de Belas Artes, Estefanía Alonso, Lara Abeledo, Tamara Conde e Lidia Costa. Na exposición, pintura e fotografía únense para mostrar fragmentacións, natureza, vehículos, tatuaxes e fíos e ofrecer as visións do mundo de cada unha delas.
A seguinte mostra que se poderá ver na Casa da Xuxentude será a exposición pictórica "Dous rombos", de José Miranda, do 22 de xuño ao 3 de xullo.
Descargar todas as imaxes
A seguinte mostra que se poderá ver na Casa da Xuxentude será a exposición pictórica "Dous rombos", de José Miranda, do 22 de xuño ao 3 de xullo.