Remata a campaña "Axuda a vivir: doa sangue e planta unha árbore"
A Oficina Municipal de Voluntariado do Concello de Vigo, conxuntamente con Amigos da Terra e o Centro de Transfusión de Sangue de Galicia realizou hoxe mércores a segunda fase da campaña "Axuda a vivir: doa sangue e planta unha árbore", promovendo a participación das persoas voluntarias da cidade.
Esta iniciativa xurdiu motivada por dúas grandes preocupacións que vivimos na actualidade: a necesidade de sangue para a realización de transfusións en intervencións cirúrxicas (unhas 500 ó día, sobre todo no Nadal, as pontes e os meses de verán), e a desaparición dos bosques galegos motivada entre outras cousas polos incendios forestais e a perda de biodiversidade.
A campaña realizouse en duas fases. A primera levouse a cabo os días 16,17 e 18 de marzo e consistiu na doazón de sangue a través dunha unidade móbil do Centro de Transfusión de Sangue de Galicia que se situou na rúa do Príncipe, Calvario e as Travesas e na que se conseguiron 227 doazóns.
A segunda fase tivo lugar hoxe mércores, día 25 , e consistíu na realización de dúas plantacións colectivas de árbores autóctonas en nome de todas as persoas que fixeron a doazón de sangue. Estas plantacións foron no Parque do Vixiador e San Miguel de Oia conxuntamente entre os voluntarios e voluntarias da Oficina Municipal de Voluntariado e un centro de ensino, implicando desta forma aos mais cativos no proxecto.
Nesta ocasión colaboraron coas entidades organizadoras o Departamento de Parques e Xardíns do Concello de Vigo, as Comunidades de Montes do Vixiador e San Miguel de Oia, a Consellería de Medio Rural, o Colexio Igrexa Candeán e Vitrasa.