Escoitar

O alcalde subliña a labor da Cruz Vermella e apunta a "ampliar a relación" coa entidade

O alcalde, Abel Caballero, acudiu este martes á sede en Vigo da Cruz Vermella na rúa Ecuador para coñecer polo miúdo o traballo "moi relevante" que desempeñan e para transmitir á dirección que "temos que ampliar a nosa relación desde o Concello" coa entidade. En torno a 50 voluntarios operan coa Cruz Vermella, que conta en Vigo con varios programas de axuda aos máis necesitados.

martes, 24 mar 2009
1237901654cruzroja.JPG
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, subliñou este martes o papel social da Cruz Vermella en Vigo e tendeulles a man cara a "ampliar a nosa relación desde o Concello" coa entidade.

Abel Caballero visitou hoxe martes a sede viguesa da Cruz Vermella, localizada na rúa Ecuador, unha institución "moi relevante, con moita tradición" que conta de xeito permanente con 50 voluntarios.

Na súa visita, o alcalde puido comprobar os distintos programas cos que conta a entidade en Vigo, como o de familias de acollida, o servizo de axuda a domicilio, a atención a inmigrantes, a teleasistencia, o programa para a xuventude, os sin teito e o de voluntariado. A gran maioría destes programas os xestiona a Cruz Vermella mediante convenios coas administracións local e autonómica.
Descargar todas as imaxes