Iolanda Veloso presentou o documental "Mulleres da Raia", que se proxectará o venres no MARCO
A concelleira de Igualdade, Iolanda Veloso, convidou a toda a cidadanía a asistir á proxección do documental "Mulleres da Raia", o vindeiro venres 27 de marzo no museo MARCO ás 20 horas, con entrada libre até completar aforo. Segundo a concelleira , esta mediametraxe obra de Diana Gonçalves, "mostra a importancia das mulleres dos dous lados da fronteira na sociedade galega".<br />
"Dende a Concellería de Igualdade parécenos interesante facer visible o papel das mulleres en todos os eidos e por suposto o papel que xogaron as mulleres da Raia", explicou Iolanda Veloso. A concelleira de Igualdade indicou que tras a proxección haberá un convivio, de xeito que será posible establecer un coloquio no que as persoas participantes poidan contar as súas experiencias. Asemade lembrou que "Mulleres da Raia" foi presentado o pasado día 19 no Festival Play Doc de Tui, no que acadou unha extraordinaria acollida.
Por outra banda, a autora do documental, Diana Gonçalves, explicou que a película trata dos dous fenómenos que marcaron a historia da fronteira entre Galiza e o Norte de Portugal ao longo do século XX, que foron o contrabando e a emigración. Neste sentido indicou que estes fenómenos xeraron profundos lazos de amizade. Asemade, salientou que se trata dun "cruce de culturas" ligado a súa propia vida, posto que o proxecto naceu tras as conversas coa súa avoa. "O documental retrata unha xeneración de mulleres condenadas ao esquecemento", sinalou Diana Gonçalves, quen sinalou que é unha produción "totalmente independente" para que se vexa como unha "auténtica carta de presentación".