María Méndez salienta que a aposta polo Servizo a Infancia permitiu aumentar as familias atendidas
O Servizo de Familia e Infancia da Concellería de Benestar Social atendeu ao longo do ano pasado a 421 familias, que representan a un total de 1.746 persoas, das que 665 foron menores de 18 anos, segundo explicou hoxe a concelleira María Méndez. A concelleira salientou que se ten producido un incremento no número de persoas atendidas, debido sobre todo ao reforzo do servizo e ao feito de intensificar a colaboración cos servizos de atención primaria. A mellora premitiu atender a cerca de 100 familias máis con respecto ao ano 2007.
A concelleira sinalou que o servizo está atendido por un equipo multidisciplinar de 14 persoas, que inclúe psicólogos, educadores, traballadores sociais e administrativos. Fundamentalmente asisten a unidades familiares e menores en situación de risco. No 42,5% dos casos trátase de unidades monoparentais, mentras que o 49% están en situación de desemprego. María Méndez fixo tamén referencia a que o 30% tiñan problemas de adición ou enfermidades crónicas. A responsable de Benestar Social explicou que o ano pasado púxose en marcha dentro do servizo un grupo específico para a atención á adolescentes, xa que se tiña detectado unha especial incidencia de problemas como poden ser conflictos parentais.
María Méndez explicou que cando se detecta un problema se traballa coa familia e co menor xerando hábitos saudables, mellorando as relacións interpersoais e favorecendo a súa implicación na sociedade. Quixo tamén valorar o traballo que o departamento fai en colaboración con colectivos como Abertal ou o Plan Comunitario de Teis.
A concelleira quere seguir mellorando a prestación deste servizo. Este ano o orzamento asignado chegará xa aos 500.000 euros e, entre outras medidas, María Méndez adiantou que quere incrementar o equipo de traballo con un ou dous profesionais máis.
Descargar todas as imaxes