O Concello contrata a produción técnica dos espectáculos do Nadal
O alcalde destacou este mércores os avances acordados este semana pola Xunta de Goberno para tres dos actos máis importantes da cita do Nadal: a conta atrás para o inicio da celebración, a data do acendido e o apagado das luces de Nadal.
Abel Caballero explicou que o Concello instalará unha gran pantalla modular de 5 metros de ancho por 3 de alto para que a cidadanía realice o seguimento da xa tradicional conta atrás. O espectáculo do aceso da árbore contará con sete máquinas de proxección de flocos de neve, así como seis dispositivos de lanzamento de confetti, outras 6 máquinas de serpentinas e oito proxectores para iluminar a árbore. O Concello destinará 110.000 euros para a produción dos tres espectáculos. “Imos ter o mellor Nadal que houbo nunca en Vigo. Que a cidade estea preparada porque vai ser o nunca visto”.