Escoitar

Un concurso de ideas para transformar a Praza de España nun espazo estético e funcional

O Concello aprobará a semana que vén a licitación do concurso de ideas que permitirá avanzar no proceso de transformación da Praza de España. O obxectivo é definir axeitadamente a imaxe urbana e o acabado que contribúa a una real transformación estética e funcional da Plaza e todo o entorno, uns 43.500 metros cadrados.

venres, 18 set 2026

O alcalde anunciou que a Xerencia de Urbanismo aprobará o próximo martes a licitación dun concurso de ideas e proxectos para deseñar a nova Praza de España. O obxectivo, explicou, é definir de forma conxunta a futura imaxe deste espazo e acometer “unha transformación estética, unha transformación funcional e unha maior utilización por parte da cidadanía”.

A proposta que resulte gañadora servirá como referencia para o desenvolvemento dos futuros proxectos de obras nas diferentes parcelas do ámbito, garantindo unha estética de conxunto e analizando tanto a funcionalidade individual das actuacións como a súa integración global. O Concello, engadiu, liderará así a transformación dun espazo no que van concorrer moitos axentes distintos para garantir a calidade, a unidade e a coherencia da solución final.

O concurso de ideas está dotado de 85.000 euros, dos que 40.000 son estarán destinados a premios. O primeiro clasificado recibirá 20.000 euros, ademais de redacción do proxecto que está dotado doutros 40.000 euros. O segundo premio recibirá 12.000 euros e o terceiro, 8.000 euros.

O proceso contará cun concurso cun xurado que está formado por funcionarios municipais, coa colaboración dos colexios profesionais de arquitectos e de enxeñeiros de camiños, portos e canais. O prazo de presentación de propostas é de 60 días naturais contados a partir do seguinte á da publicación do correspondente anuncio no perfil do contratante.

 

 

Descargar todas as imaxes