Escoitar

O Goberno municipal oferta 75 postos de traballo no programa Vigo Emprega

A Xunta de Goberno Local aprobou este venres as bases reguladoras e a convocatoria da selección de candidatos do Vigo Emprega 2026, o Plan Municipal de Emprego para fomentar a inserción laboral das persoas desempregadas.

venres, 18 set 2026

O Concello dedica 1.465.982 euros á nova edición de Vigo Emprega 2026, que ten como obxectivo mellorar a formación e facilitar a adquisición de habilidades profesionais ás persoas beneficiarias, de maneira que incrementen a súa capacitación e competencia profesional.

Abel Caballero deu conta da posta en marcha do programa que está dirixido a persoas desempregadas, inscritas como demandantes de emprego e empadroadas en Vigo. “Novas obras, formación e persoas que estarán en condicións de optar a un emprego”, destacou.

O Concello ofertará 75 postos de traballo:
- 3 capataces de construción
- 14 oficiais de albanelaría
- 1 oficial electricista
- 1 oficial fontaneiro
- 1 oficial de carpintaría de aluminio
- 1 oficial de carpintaría metálica
- 1 oficial de carpintaría de madeira
- 1 oficial pintor
- 1 oficial mecánico de maquinaria
- 3 oficiais de xardinaría
- 10 oficiais de condución
- 25 peóns de construción
- 8 peóns de xardinaría-forestal
- Persoal técnico administrativo:
.1 auxiliar administrativo
.1 técnico de prevención de riscos laborais
.1 delineante
.1 técnico de Márketing e comunicación
.1 técnico programador de actividades ambientais

Unha vez aprobadas as bases, o Concello solicitará as persoas candidatas ás Oficinas de Emprego seguindo os criterios de valoración establecidos na convocatoria. O persoal seleccionado realizará unha formación para o posto antes de iniciar o traballo.

Na Xunta de Goberno quedou aprobada tamén a relación de obras a desenvolver dentro polos traballadores do programa:
- Concellería de Educación: reforma de baños nos CEIP Candeán, CEIP Vicente Risco, CEIP Balaídos e CEIP Villa Laura; reforma de vestiarios do ximnasio do CEIP Coruxo; colocación de tarima flotante no CEIP Frián Teis

- Concellería de Fomento: eliminación de barreiras arquitectónicas en varias rúas: Gran Vía, Valle Inclán, Marqués de Alcedo, Cánovas del Castillo, Montecelo Baixo, Portela, Avda. Atlántida, Chano Piñeiro, Arquitecto Alberto Baltar, Freixeiro, Caramuxo, Castrelos, Paz e Honduras; beirarrúas nas rúas Maceiriñas, Babio e Becerreira.
- Concellería de Montes, Parques e Xardíns: reforma estrutural do viveiro do Castro, construción de canles de pedra, ramplas e escaleiras na contorna do Castelo do Castro.
- Concellería de Emprego e Participación Cidadá: formigonado da chaira exterior da nave de Florida; senda peonil do Centro Municipal do Distrito de Saiáns; reforma da cociña do Centro de Distrito de Teis; mellora da fachada, iluminación e instalación eléctrica no Centro Municipal Arquitecto Pérez Bellas; rehabilitación das carpintarías exteriores do Local Municipal de San Francisco; instalación de varandas na Asociación de Veciños La Unión de Matamá e a rehabilitación da fachada do local municipal da rúa Zamora, 80.
- Policía Local: renovación da iluminación do ximnasio.

Descargar todas as imaxes