Escoitar

A afección viguesa volverá reunirse en Castrelos para animar a España

O alcalde convidou á cidadanía a asistir ao auditorio ao aire libre para seguir o partido da selección española fronte a Francia, que se disputará este martes ás 21:00 horas.

luns, 13 xul 2026

O Concello de Vigo volverá instalar a pantalla xigante do auditorio de Castrelos para facilitar o seguimento da semifinal do Mundial que disputarán este martes, ás 21:00 horas, as seleccións de España e Francia. A apertura da zona de platea con cadeiras realizarase ás 20:00 horas, unha hora antes do inicio do partido, mentres que o acceso á grada será libre desde o momento que o público o desexe.

O alcalde, Abel Caballero, animou á cidadanía a acudir ao auditorio para apoiar á selección española nun encontro histórico. “É a segunda vez na historia que a selección española chega a semifinais. A vez anterior, en Sudáfrica, gañamos a Copa do Mundo e esta vez ímola gañar”, afirmou.

Caballero destacou ademais a calidade da instalación audiovisual situada en Castrelos e convidou á cidade a vivir o encontro de forma colectiva. “Imos estar alí todas e todos xuntos, imos animar a España, imos gozar dun gran partido e imos pasar á final do Mundial”, sinalou. O Concello de Vigo mantén así a aposta por converter Castrelos nun punto de encontro da afección viguesa para acompañar á selección española no seu camiño cara ao título mundial.

Descargar todas as imaxes