Os hoteis de Vigo alcanzaron unha ocupación do 86 por cento esta fin de semana
“Somos a primeira cidade turística de Galicia”, asegurou este luns o alcalde, ao constatar as elevadas cifras de reservas nos hoteis da cidade rexistradas a mediados do mes de xuño “sen que houbese un feito excepcional”.
Abel Caballero destacou hoxe que Vigo “é unha cidade de turismo durante todo o ano”, como se constata nos niveis de afluencia aos establecementos hoteleiros, próximos ao 90 por cento.
O alcalde avanzou que a oferta cultural e musical deste verán, cos concertos de Castrelos, a celebración do Marquisquiño e o atractivo das praias, propiciarán o mantemento dos niveis máximos de ocupación hoteleira, co gran pico do Nadal. “Isto significa miles de empregos e millóns de euros para a cidade”, recalcou.