Os museos municipais acollerán seis novas exposicións en 2027
O alcalde avanzou as mostras seleccionadas na convocatoria municipal para os proxectos expositivos do vindeiro ano na Casa das Artes e na Casa Galega da Cultura.
“Seguimos desenvolvendo a cultura na cidade” sinalou o rexedor ao dar conta do resultado da convocatoria de propostas museísticas para a programación da rede municipal do vindeiro ano 2027, na que se recibiron 38 propostas. Foron seleccionados 6 proxectos: 3 para a Casa das Artes e 3 para a Casa Galega da Cultura.
A Casa das Artes, configurada como espazo para artistas do circuíto profesional relacionados con linguaxes contemporáneas, exhibirá tres propostas:
• Aventura da mirada de Antón Patiño. Comisario: Xosé Luis García Canido (pintura)
• Este mundo que é o noso, de Natividad Bermejo (debuxo e instalacións)
• Limiar, de Benjamín Briones (fotografía)
Na Casa Galega da Cultura, espazo para o talento creativo de artistas galegos emerxentes, de ata 35 anos e en calquera disciplina de creación artística, poderán verse:
• Anatomía do vestir, de Aldara Vázquez (esculturas, instalacións téxtiles e pezas gráficas híbridas)
• As cousas delicadas convértense tarde en obxecto, de Sara Piñeiro
• Baldanders, de Andrés Rivas (pintura)