Escoitar

O Concello reforza a súa colección de arte galega contemporánea coa “A Barca Espacial” de Laxeiro

Esta obra incorporarase á exposición permanente da colección municipal de arte galega, unha das máis importantes de arte contemporánea de Galicia. A partir de maio, estará instalada no primeiro andar da Casa das Artes.

martes, 24 mar 2026

A Casa das Artes foi esta mañá o escenario elixido para presentar A barca espacial de Laxeiro, que vai ser una obra clave para a exhibición da colección municipal de arte galega. Esta adquisición enmarcase nunha estratexia de reconfiguración dos espazos expositivos municipais e de unha política proactiva para fortalecer a colección do Concello, considerada unha das mellores coleccións de arte galega da comunidade.

Laxeiro é un pintor referente nacional e internacional, e A barca espacial é unha das pezas fundamentais da súa obra, pintada en Bos Aires en 1961. A súa adquisición era unha “oportunidade que non se podía deixar pasar”, tanto polo valor artístico como polo seu significado dentro da traxectoria do pintor, considerado unha figura clave da cultura galega. O alcalde destacou que esta obra resalta a importancia da pintura nesta cidade, ademais de subliñar a transcendencia de Laxeiro en Galicia, Europa e América. O rexedor avanzou que o consistorio continuará impulsando novas adquisicións para ampliar e consolidar a colección municipal, e volver a internacionalizar a Laxeiro.

Descargar todas as imaxes