A científica Ana Ulla será a responsable de redactar o bando da Reconquista 2026
A primeira catedrática de astrofísica da Universidade de Vigo será este ano a encargada de redactar o bando de Vigueses Distinguidos 2026. A gala de entrega destes galardóns será o xoves 26 de marzo no Auditorio Mar de Vigo.
Abel Caballero desvelou esta mañá o nome da encargada de redactar e ler o bando da Reconquista neste 2026. Será Ana Ulla, primeira catedrática de astrofísica da Universidade de Vigo, profesora na Facultade de Bioloxía e investigadora do espazo profundo e dos exoplanetas. Ocupou postos de investigación e docencia en Noruega, Madrid, Axencia Estatal Europea ou o Instituto Niels Bohr de Copenhague. Ademais, valorou o rexedor, publicou unha novela infantil e foi nomeada Viguesa Distinguida en 2023.
A gala de entrega dos Vigueses Distinguidos será o xoves 26 de marzo ás 20,00h no Auditorio Mar de Vigo.