Escoitar

"VigoNature" reabre o 1 de marzo como zona de ocio e espazo medioambiental para escolares e familias

O domingo 1 de marzo VigoNature reabre as súas portas iniciando unha nova etapa como zona de ocio e espazo mediambiental. Incorpora oferta de actividades divulgativas e prácticas tanto para escolares como para familias; ademais de renovar a oferta de campamentos de Semana Santa e de verán, para facilitar a conciliación.

xoves, 26 feb 2026

O alcalde avanzou este xoves o inicio das actividades que se organizarán en 2026 en “VigoNature”,  tras destacar a transformación do antigo zoológico en centro de ocio e espazo medioambiental.

A apertura incluirá unha programación ampliada con actividades para nenas e nenos de educación primaria e secundaria sobre enerxías renovables, flora e fauna, especies invasoras ou aves irrecuperables.

Entre a oferta de actividades, “entretidas, divertidas e amables”, destacan as aulas de supervivencia para aprender a sobrevivir en situacións complexas, de espeleología, un parque entre as árbores cunha tirolesa para menores de 6 anos ou hortas para aprender o funcionamento da agricultura. “Actividades de fin de semana, festivos, para o público facendo de VigoNature un lugar referencial de todo Vigo e Galicia”, afirmou o alcalde.

 

Descargar todas as imaxes