O Concello reclamará á Xunta o custo da renovación da cuberta do Celso Emilio Ferreiro
A Xunta de Goberno aprobará mañá reclamar á Xunta o pago do custo da execución das obras de substitución da cuberta do CEIP Celso Emilio Ferreiro. Caballero lembrou que o Concello acometeu con carácter de urxencia estes traballos o pasado verán para salvagardar a seguridade do alumnado.
Abel Caballero lembrou que o Concello acometeu este verán a substitución da cuberta do Celso Emilio Ferreiro, ademais de reparar as fachadas do edificio. Esta actuación, aclarou, realizouse con carácter de urxencia atendendo un informe que alertaba de serias deficiencias estruturais do colexio que a Xunta non quixo acometer nen sufragar, poñendo, por tanto, en risco ao alumnado.
As obras executadas para garantir a seguridade do centro, competencia da Xunta, ascenderon a 577.382,27 euros e “non queremos que a Xunta se vaia de rositas”. A necesidade dunha intervención quedou sobradamente xustificada en base ao “Estudo de patoloxía en cuberta e fachadas no CEIP Celso Emilio Ferreiro”, emitido o 9 de xuño de 2025 pola empresa Enmacosa Consultoría Técnica S.A.
Caballero insistiu en que o máis importante foi salvagardar ao alumnado polo que o Concello acometou os traballos pero “agora a Xunta terá que pagar”, concluíu.