Escoitar

Os IES Alexandre Bóveda e Álvaro Cunqueiro, Vigueses Distinguidos 2026

O alcalde avanzou o nomeamento dos dous centros educativos de Coia que verán recoñecida a súa traxectoria con esta distinción que o Concello concede no marco da celebración da Reconquista.

martes, 3 feb 2026
Foto de familia dos Vigueses Dsitinguidos 2025
Foto de familia dos Vigueses Dsitinguidos 2025

“Son dous centros de ensino secundario de grande importancia na cidade”, apuntou o rexedor, ao dar conta da proposta municipal para nomear Vigués Distinguido ao IES Alexandre Bóveda e ao IES Álvaro Cunqueiro no ámbito educativo.

O Concello quere recoñecer a traxectoria do IES Alexandre Bóveda, situado en Coia, o antigo Coia 2, que naceu como un centro de apoio ao Santa Irene que estaba en obras. Inicialmente chamado Instituto Feminino de Coia, co fin da ditadura cambiou o seu nome polo do político republicano e galeguista e este 2026 cumpre 50 anos de historia. Amais, o IES Álvaro Cunqueiro será galardoado como Vigués Distinguido. Inicialmente coñecido como Coia 4, no ano 83 adoptou o nome do escritor Álvaro Cunqueiro e mantén un “deseño educativo excepcional”, tendo entre os seus profesores ilustres a Alonso Montero que foi docente 1980-1982.

O 28 de marzo a cidade celebra a Festa da Reconquista e, como cada ano, o Goberno municipal entregará os galardóns Viguesas e Vigueses Distinguidos 2026.

 

Descargar todas as imaxes