Os alcaldes de Vigo e Celaya reforzan o irmandamento iniciado no ano 2014
Os alcaldes de Vigo e Celaya, Abel Caballero e Juan Miguel Ramírez Sánchez, reforzan por vía telemática o irmandamento acordado hai doce anos, así como as relacións económicas, culturais e persoais entre as cidades galega e mexicana.
Abel Caballero destacou este luns a importancia de reforzar o irmandamento acordado en 2014 entre Vigo e Celaya para promover intercambios nas áreas de industria, cultura, economía e turismo. “Temos en común moitas cousas, pero fundamentalmente que somos dous centros de automoción importantes no mundo”, recalcou o rexedor ao apuntar que empresas de Vigo cooperan con industrias de Celaya que producen automóbiles para Estados Unidos.
“O papel de apoio de empresas de Vigo é moi importante para Vigo e para Celaya”, incidiu, sinalando que a presenza na localidade do Estado de Guanajuato de importantes empresas de Vigo como Precisgal, Suardíaz, Mecatec, Ingalsa, Maproga, Sol e Tedisma.
O alcalde enmarca o novo contacto o alcalde de Celaya na recente elección de Miguel Ramírez Sánchez como alcalde da localidade mexicana pertencente ao Estado de Guanajuato. “Queremos renovar o irmandamento e darlle máis vida”, remarcou