O Concello progresa na construcción de 200 viviendas protexidas en Santa Cristina de Lavadores
O alcalde anunciou este venres a adquisición, por 3 millóns de euros, da parcela de Afamsa, en Severino Cobas, a onde será o Parque Central Municipal, dentro do proxecto para construír vivendas protexidas en Santa Cristina de Lavadores.

Abel Caballero explicou que o acordo de compra da parcela, que se abordará na próxima Xerencia de Urbanismo, ten por obxectivo iniciar “canto antes”, a construción polo Concello de 200 vivendas de protección no Parque Municipal de Santa Cristina.
O alcalde apuntou que a iniciativa se enmarca no plan de choque munIcipal, dotado de 11 millóns de euros para a axuda á vivenda e apuntou que, nestes momentos, o Concello aborda o proceso de compra de baixos transformables en vivendas de alugueiro. “A Xunta recibe do Goberno o diñeiro para vivenda e ignora Vigo e ímolo a asumir desde o Concello”, afirmou.