Caballero despide a 56 alumnos de 9 centros que participan no programa "Vigo en Inglés"
O alcalde asistiu este luns á saída de 56 alumnos e alumnas de nove centros docentes de Vigo que durante tres semanas permanecerán na localidade inglesa de Exmouth para aprender inglés. O alumnado mellorará a súa aprendizaxe do idioma e o coñecemento da cultura británica nos centros West Exe School, The King's School Ottery Saint Mary e en Saint Luk'é Church of England School. O Concello bolsa a máis de 1.000 rapaces e rapazas de 4º da ESO para que aprendan inglés no Reino Unido e Irlanda, dentro do programa "Vigo en Inglés". “Son recursos de Vigo ben investidos”, explicou a rexedor aos pais que acompañaron aos seus fillos á saída do voo dende Peinador. O goberno local dedica 3,3 millóns de euros cada ano ao programa.
