A pérgola de Samil transfórmase nunha zona verde de uso cidadá
O Concello vén de iniciar a obra que supoñerá a demolición da pérgola da praia de Samil, que presentaba deficiencias estruturais, e tamén reparará a pista de patinaxe situada na zona de paseo do areal.

O alcalde informou hoxe do comezo destas obras que se prolongarán durante tres semanas para acondicionar tanto a pérgola como a pista de patinaxe de Samil, que teñen un orzamento de 46.500 euros.
Caballero explicou que a pérgola do paseo se atopaba en mal estado de conservación “con deficiencias estruturais”, polo que era “altamente recomendable derrubala para dar seguridade”. A demolición permitirá crear unha zona verde con árbores e espazo de ocio para a cidadanía, con mesas e bancos para poder sentarse e unha cuberta vexetal con arbustos, engadiu.
Ademais, na pista de patinaxe detectáronse gretas nas xuntas de dilatación que tamén serán seladas e reparadas.