Escoitar

O Concello ofrecerá visita didácticas aos escolares da cidade

Abel Caballero deu conta da aprobación do servizo de xestión, organizando e desenvolvemento do programa educativo na rede municipal de museos. O investimento de 105.000 euros permitirá realizar case 500 sesións educativas e culturais. A exposición “Non fun” de Pilar Alonso en Casa das Artes xa ofrece actividades para interactuar coa obra e a artista.

venres, 30 mai 2025

Os escolares de Vigo gozarán de visitas didácticas gratuítas, culturais e educativas en toda a rede municipal de museos. O alcalde deu conta da aprobación do servizo cun importe de 105.000 euros.

As actividades, que comezarán as próximas, inclúen sesións para o alumnado dos colexios de Vigo, visitas guiadas para grupos, obradoiros de arqueoloxía en familia, contacontos sobre a historia da cidade, sesións para coñecer a historia do Pazo Quiñones de León e os xardíns de Castrelos, itinerarios temáticos polas salas de exposición, celebracións especiais, sesións no Verbum en verano para nenos e nenase sesións infantís na Pinacoteca durante o Nadal

Exposición “Non fun” de Pilar Alonso en Casa das Artes

Caballero lembrou que a exposición “Non fun” de Pilar Alonso en Casa das Artes xa ofrece actividades de balde para adultos e familias deseñadas para interactuar coa artista e a súa obra. Debido ao límite de aforo, require inscrición previa a través do correo electrónico ofi.museos@vigo.org e o teléfono 615 258 535.

Descargar todas as imaxes