As praias de Vigo contarán este verán co servizo de 11 quioscos
O goberno local deu luz verde ao expediente de explotación dos chiringuitos que funcionarán nas praias durante o verán. Nesta ocasión, son 11 as instalacións que prestarán os seus servizos nos arenais vigueses.

O Concello de Vigo aprobou esta mañá na Xunta de Goberno Local o expediente para a explotación dos quioscos nas praias durante a tempada de verán. A proposta conta con 11 quioscos: 4 en Samil; 2 en O Vao e outros 2 na praia da Fonte e 1 en A Punta, Santa Baia e a ETEA.
O alcalde da cidade fixo fincapé en que dende o ente municipal realizouse a petición de autorización á Xunta o 17 de xaneiro e "non nola concederon ata o 13 de maio”. Explicou que “estamos nesta situación porque a goberno autonómico atrasou o seu permiso 4 meses”, sabendo que “os quioscos son necesarios en xuño e xullo” e sendo un proceso “rutinario”.
Unha vez aprobado o expediente, ábrese agora o proceso de licitación, cun prazo de 15 días para a presentación de ofertas. Posteriormente, procederase á clasificación de propostas e solicitarase documentación e garantías para a posterior adxudicación. Caballero apuntou que “imos realizar esta tramitación á máxima velocidade posible que permita a normativa”.