Escoitar

O goberno municipal investirá máis dun millón de euros na humanización da rúa Lepanto

A Xunta de Goberno Local dará luz verde á licitación das obras de humanización da rúa que incluirá a renovación íntegra do pavimento e das beirarrúas.

mércores, 6 nov 2024
Infografía da humanización da obra
Infografía da humanización da obra

Abel Caballero informou este mércores da licitación das obras de humanización da rúa Lepanto que teñen un importe de 1.146.000 euros e un prazo de execución estimado de 10 meses. A previsión municipal é que as obras poidan iniciarse no segundo trimestre do ano 2025.

Tal e como explicou, a obra supoñerá a humanización e acondicionamento de toda a rúa “para facer que volva ser unha parte do corazón da cidade de Vigo”. Incluirá a renovación íntegra da pavimentación actual, tanto das beirarrúas como da vía, e dos principais servizos urbanos, así como a plantación de árbores en ámbalas beirarrúas, a renovación de todo o mobiliario urbano, das redes de saneamento e abastecemento e o deseño dunha nova rede de pluviais. Tamén a instalación de nova iluminación.

 

Descargar todas as imaxes