Escoitar

O alcalde entrega as becas municipais a 43 deportistas de elite

Abel Caballero entrega este martes as becas municipais a 43 deportistas de elite de Vigo para que afronten os gastos de adestramento e participación en competicións nacionais e internacionais.

martes, 29 out 2024

O alcalde entregou hoxe no MARCO as becas económicas do Concello a 15 mulleres e 28 homes de Vigo destacados por ser deportistas de elite. Cun importe total de 50.000 euros, o goberno de Vigo apoia aos deportistas centrados na práctica de 20 disciplinas, entre as que tamén se atopan 6 adaptadas.

Caballero remarcou que coas axudas de ata 2.500 euros por deportista “tratamos de cooperar na práctica da súa disciplina, tanto para viaxes como para adestramentos, ou outros gastos”.

“Seguimos contribuíndo ao deporte de Vigo a través do deporte de elite que compite en toda España e en todo o mundo”, recalcou o rexedor.

 

Descargar todas as imaxes