Escoitar

O Vigo Vertical medra no rural: Lavadores estrea ramplas mecánicas no centro de saúde

Abel Caballero asistiu este luns á posta en funcionamento das novas ramplas mecánicas que comunican Ramón Nieto co centro de saúde de Lavadores e o Ceip Fonte Escura.

luns, 23 set 2024
O alcalde, as tenentes de Alcalde, Carmela Silva e María José Caride, e o edil Ángel Rivas na posta en funcionamento das ramplas
O alcalde, as tenentes de Alcalde, Carmela Silva e María José Caride, e o edil Ángel Rivas na posta en funcionamento das ramplas

Cun investimento de 1.814.500 euros, a obra de instalación deste novo elemento mecánico do programa municipal Vigo Vertical está cofinanciada co Goberno de España a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia dotado cos fondos europeos Next Generation EU.

O goberno municipal instalou 3 ramplas mecánicas de case 50 metros de lonxitude que conforman un corredor mecánico cara ao centro de saúde salvando un desnivel de 11 metros “insoportable”, en palabras do rexedor.

Ademais, a obra inclúe a rehabilitación da contorna urbana do centro de saúde de Lavadores e o Colexio Fonte Escura e a unión entre a Avenida Ramón Nieto e Travesía de Barreiro coa renovación dos servizos urbanos: abastecemento, saneamento e iluminación, a creación de canalizacións, unha nova rede de pluviais, a mellora da eficiencia enerxética o soterramento da rede, instalando puntos de luz con tecnoloxía led. A zona conta agora con novos pavimentos, mobiliario, espazos verdes e arborado. O alcalde avanzou que o Concello actuará tamén na “zona das vivendas de Santa Clara, reformando beirarrúas e o firme”.

 

O alcalde, as tenentes de Alcalde, Carmela Silva e María José Caride, e o edil Ángel Rivas na posta en funcionamento das ramplas
Descargar todas as imaxes