Escoitar

Abel Caballero: “Iniciamos a recuperación do Dinoseto, un emblema da cidade de Vigo”

O rexedor informou esta mañá que o vindeiro 2 de outubro “trasladaremos ao Dinoseto ás instalacións municipais do viveiro do Castro para facilitar as labores de acondicionamento”.

martes, 10 set 2024

“Coas obras da Porta do Sol tivemos que trasladar o Dinoseto á Alameda de Compostela”, explicou o alcalde, sinalando que “alí deteriorouse, seguramente porque a zona conta con menos luz solar”.

Abel Caballero destaca que “acometeremos a súa restauración e recuperación” trasladándoo ás instalacións municipais do viveiro do Castro, o vindeiro mércores 2 de outubro. Alí os técnicos “reconstruirano integramente, unha tarefa laboriosa que vai requirir tempo”.

“Queremos que o Dinoseto volva a ser o emblema que era fai poucos anos”, explicou Caballero, anunciando que tras a súa recuperación, terá “unha nova localización na cidade” para que “os cidadáns poidan gozar da súa imaxe”.

Descargar todas as imaxes