Escoitar

A Porta do Sol descúbrese ás persoas invidentes

O Concello en colaboración coa ONCE instala unha maqueta tiflolóxica con información accesible sobre a “gran praza da cidade” porque “queremos que sexa para tódalas persoas”.

xoves, 4 xul 2024

O alcalde achegouse este xoves á Porta do Sol para coñecer as posibilidades que ofrece a maqueta tiflolóxica que vén de instalarse á altura da Praza da Princesa como parte da humanización da praza.

“Seguimos mellorando a gran praza da cidade”, explicou o rexedor, con este punto de información que ofrece un servizo ás persoas invidentes porque “queremos que a praza sexa para tódalas persoas”. Coa maqueta, en sistema braille, poden coñecer como é a Porta do Sol, a distribución do espazo e os edificios de interese.

Amais, a maqueta ofrece información de interese ás persoas videntes con cores visualmente rechamantes e un código QR a través do que se pode ampliar a información.

Descargar todas as imaxes