O servizo de atención telefónica a través do 010 empezará a ser gratuíto no mes de xullo
Unha UTE de Telefónica vén de converterse na empresa adxudicataria dos servizos de telefonía e internet do Concello de Vigo. Este novo contrato, cun orzamento de 2,9 millóns durante 4 anos, permitirá decretar a gratuidade das chamadas ao 010 ao longo do mes de xullo.
A Xunta de Goberno adxudicou a contratación do servizo integral de telecomunicacións do Concello, é dicir, os servizos de telefonía a internet. Unha UTE de Telefónica é a empresa adxudicataria dun contrato que conta cun orzamento de 2,9 millóns e un prazo de 4 anos cunha posible prórroga dun ano.
O rexedor destacou a importancia desta concesión dado que permitirá decretar a gratuidade do servizo de atención telefónica do 010 a partir do mes de xullo. Esta decisión suporá que a cidadanía deixará de pagar 77.000 euros ao ano por estas chamadas o que implicará unha mellora “importantísma” na relación entre o Concello e a cidadanía.