Escoitar

Nova colaboración do Concello coa Asociación contra o Cancro cunha representación teatral no Auditorio Municipal

O Concello refrendou este mércores a súa colaboración e apoio permanente á Asociación Española contra o Cancro participando na posta sobre o escenario do Auditorio Municipal, o próximo 6 de xuño, da obra de teatro “Farsas contemporáneas”, que será representada polo grupo “Ensaio vital”, formado por sobreviventes da enfermidade, así como pacientes, familiares e voluntarios.

mércores, 29 mai 2024

A concelleira de Política Social, Yolanda Aguiar, e os responsables en Vigo da Asociación Española contra o Cancro, presentaron hoxe a representación teatral programada para as 20.00 horas do próximo xoves 6 de xuño no Auditorio Municipal, da obra de Antonio Martínez Ballesteros, “Farsas contemporáneas”, que será interpretada polo grupo de teatro da organización social “Ensaio vital”. A entrada será totalmente gratuíta, segundo avanzaron os organizadores e entréganse na sede da asociación na praza superior do mercado do Progreso.

A edil responsable da área social do Concello reafirmouse no apoio do goberno local de Vigo “ao marabilloso e inxente labor que realiza a Asociación Española contra o cancro e á proactividade que demostran coas súas iniciativas solidarias para visibilizar e comprometer socialmente a todo o tecido cidadá para involucrarnos no labor desta organización”.

Yolanda Aguiar incidiu na importancia o traballo que tamén realizan para conseguir que a mocidade “se comprometa cos seus proxectos, porque necesitamos voluntarios e sabia nova que participen nestas iniciativas e este grupo de teatro é unha forma máis de comprometer á cidadanía”.

Descargar todas as imaxes