Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
venres, 08 de abril de 2016

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


O Concello autoriza o cambio que permitirá a Vigo ter voo directo a París este verán

Así o confirmou este venres Abel Caballero, toda vez que os informes técnicos municipais son favorables ao cambio proposto por Air Nostrum. En virtude do concurso, a aeroliña ía conectar Vigo e Bruxelas mais solicitou este cambio ante a imposibilidade de garantir a plena actividade do aeroporto belga tras os atentados do pasado 22 de marzo.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este venres do visto bo do goberno de Vigo á proposta remitida por Air Nostrum para substituír temporalmente a conexión con Bruxelas pola de París-CDG, dado que a capital belga non pode garantir a plena operatividade do seu aeroporto durante este verán, tras os atentados terroristas do 22 de marzo.

Caballero indicou que os informes técnicos municipais avalan a proposta remitida pola aeroliña e polo tanto Vigo estará conectada novamente coa principal terminal parisiense, mantendo as datas de operación, as frecuencias e o número de prazas ofertadas pola compañía no concurso público. Así, Air Nostrum conectará Vigo con París desde o 4 de xullo ata o 25 de setembro, con voos os xoves e os domingos.

O alcalde vigués reiterou que non renuncia á conexión coa capital belga e anunciou que volverá solicitar ao Ministerio de Fomento que declare o Vigo-Bruxelas como ruta de interese público e conte deste xeito con subvención estatal e/ou europea. Caballero recordou que Vigo acolle a Axencia Europea de Control da Pesca e poucas cidades contan cunha sede administrativa continental e carecen de voo directo con Bruxelas.
Mais noticias
As escolas infantís de Navia e Mestres Goldar inician a súa actividade
Caballero constata o interese dos colectivos profesionais de aportar suxestións para o traslado da Cidade da Xustiza ao Xeral
O Concello organiza en Vigozoo acampadas de fin de semana entre abril e xuño para nenos de entre 8 e 12 anos
Normalización lingüística : paseo polo Vigo literario, obradoiro de improvisación teatral, curso de escritura creativa para persoas adultas
Concerto ENSEMBLE VIGO 430
Padrón do Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica do ano 2016
Medidas de tráfico por obras


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003