O Concello sinalizará e divulgará os 15 quilómetros vigueses do Camiño de Santiago
Así o anunciou Caballero despois de reunirse coa asociación Amigos dos Pazos. O Concello de Vigo sinalizará e readaptará ao Plan Xeral os quince quilómetros de traxecto e planificará a realización de accións de promoción e divulgación do Camiño de Santiago na cidade.
A asociación propuxo ao alcalde que o Concello de Vigo lidere a recuperación do Camiño desde A Guarda, singularmente o traxecto vigués, de aproximadamente quince quilómetros, de cara ao próximo ano santo, en 2021.
Abel Caballero avanzou que distintos departamentos municipais traballarán para sinalizar e readaptar ao PXOM o percorrido vigués, xa que unha parte do mesmo non figura na ordenación municipal. Xunto a Amigos dos Pazos, o Concello establecerá o Camiño e planificará accións de divulgación do mesmo.
Descargar todas as imaxes