Escoitar
ANUNCIO DE XUVENTUDE e EMPREGO

Twitter e a busca de emprego: o impacto de twitter en RRHH e as súas consecuencias na busca de emprego<br />

venres, 13 xul 2012
a) Conferencia: Luns 16 de xullo ás 19:30h no Paraninfo do Antigo Rectorado na rúa Oporto.
Entrada libre e gratuíta ata completar aforo. Para interesad@s en xeral.

b) Obradoiro práctico: Martes 17 de xullo ás 18:30 no Punto Xove. Prazas limitadas previa inscrición na conta @punto_xove. Gratuíto. Participantes: mozos e mozas con idades comprendidas entre os 16 e 35 anos interesados na temática do obradoiro. Usuari@s activos de twitter.
@s participantes poden traer o seu portátil ou dispositivo móbil para conectarse á rede.


Conferenciante e director do obradoiro práctico: FRANCISCO JOSÉ COLLADO VÁZQUEZ
- Licenciado en Dereito polo "Colegio Universitario Ceu San Pablo" de Madrid e Axente da Propiedade Inmobiliaria por oposición do Ministerio de Fomento, Máster en Asesoría Xurídica de Empresas polo IE Business School.

- Dende fai 7 anos vén ocupando o posto de Director de Recursos Humanos no Grupo Pórtico. Anteriormente Director de Recursos Humanos, Asesor Xurídico e Secretario do Consello de Administración do Grupo Maderero Puertas Docavi, ademais de exercer a abogacía.
Nos últimos anos é o responsable do blog http://laboralnews.blogspot.com.es/ convertíndose nun dos principais referentes en recursos humanos e emprego na rede española. Este camiño de presencia 2.0 levouno aos seus casi 30.000 seguidores en Twitter e á publicación do seu primeiro libro sobre o tema "Twitter y la búsqueda de empleo", editado por Dykinson.