Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
venres, 22 de agosto de 2008

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


Vigo,primeira cidade galega con taxis a gas licuado

Abel Caballero presentou este venres os primeiros 14 novos vehículos impulsados con gas licuado, o que converte a Vigo na primeira cidade galega con taxis equipados con esta tecnoloxía. O alcalde salientou as "vantaxes medioambientais" do combustible alternativo, que permite reducir ata nun 90% as emisións contaminantes fronte ao diésel e nun 50% os niveis de ruido.




O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou hoxe venres os 14 primeiros taxis vigueses impulsados con gas licuado (GLP), un combustible alternativo que permite reducir, en comparación cos motores diésel, ata nun 90% as emisións contaminantes e nun 50% os niveis de ruído. "Vigo convértese así na primeira cidade de Galicia con taxis equipados con esta tecnoloxía", sinalou o rexedor.

Abel Caballero felicitou á Cooperativa por poñer en marcha esta iniciativa que ofrece "vantaxes medioambientais" con respecto aos motores de uso máis habitual, pois "reduce a contaminación" e, en consecuencia, "incrementa a calidade de vida dos vigueses", subliñou o alcalde.

Os taxis a gas licuado, presentados na cooperativa os vehículos das marcas SEAT e SKODA, ofrecen niveis de emisións máis reducidos dos que se espera que alcance o diésel nos vindeiros anos; ademais da calidade controlada e demostrada do combustible, e da fiabilidade técnica, as prestacións e o menor desgaste dos vehículos, segundo explicou o Presidente da Cooperativa de Taxis de Vigo, José Eladio Viso.

Na súa comparecencia, Viso salientou que as reducións das emisións de aldehidos e de compostos como o benceno, consideradas substancias con efectos canceríxenos, nos vehículos GLP son claramente significativas en relación coas xeradas polos motores diésel. Asemade, o Presidente explicou que o gas licuado non emite dióxido de xofre (culpables, xunto cos NOX, da choiva ácida), reduce ao mínimo as vibracións do motor e elimina os olores e os fumes de aceleración característicos dos motores diésel.

O custo do GLP por litro -xa que o gas se almacena, transporta e subministra en estado líquido- é variable e supón un aforro próximo aos 25 euros por cada 1.000 quilómetros. Entre as vantaxes económicas se atopan tamén as fiscais, pois o imposto esixido para estes vehículos é menor que o dos motores a gasolina e a gasoil.
Mais noticias
O Plan de Competitividade Turística de Vigo contempla o investimento de máis de 5 millóns de euros para potenciar o sector na cidade
O concelleiro Xabier Alonso insta á Federación Galega de Fútbol a que aclare o futuro do campo de Coia
"El Canto del Loco" pecha as Festas de verán
Cen ciclistas, coa selección de Israel como estrela, no Díptico Internacioal este fin de semana
O enriquecemento ambiental,unha manualidade moi especial en Vigozoo
Convocatoria do exame de obtención do permiso municipal de condución de autotaxis
Exposición pública do padron do IBI e do IAE


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003