Escoitar

Caballero amosa a súa disconformidade coa intención de pechar 15 días o Nicolás Peña

O alcalde transmitiu esta mañá o seu apoio aos traballadores do Nicolás Peña cos que mantivo esta mañá un encontro no que estes profesionais lle trasladaron a intención da Xunta de pechar todo o hospital -excepto a área de siquiatría- durante 15 días. Caballero amosou a súa absoluta disconformidade con esta decisión e así llo trasladará por carta a Alberto Núñez Feijóo.

venres, 5 xuñ 2015
1433509538nicolas.JPG
Logo de manter un encontro cos traballadores do Nicolás Peña, Caballero manifestou en rolda de prensa o seu total apoio ás críticas dos técnicos sanitarios críticos coa decisón da Xunta de pechar durante 15 días todo o hospital -á excepción da área de siquiatría. En verbas do rexedor, esta resolución non ten explicación "nin santaria nin organizativa" que non sexa "aforrar cartos a costa da saúde dos vigueses".

Segundo explicou o rexedor, os sanitarios temen incluso que o hospital non volva abrir as súas portas o que suporía un novo factor de agravamento da situación da área sanitaria de Vigo. Criticou a falta de información aos traballadores e á cidadanía en xeral e reiterou a súa intención de enviarlle unha carta ao presidente da Xunta trasladando a súa disconformidade "absoluta" con unha decisión "inxustificada" que afecta a tantos vigueses.
Descargar todas as imaxes